I. Disposiciones generales. JEFATURA DEL ESTADO. Constitución Española. (BOE-A-2024-3099)
Reforma del artículo 49 de la Constitución Española, de 15 de febrero de 2024.
10 páginas totales
Página
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Núm. 43

Sábado 17 de febrero de 2024

Sec. I. Pág. 19469

Por todo iso, resulta necesario reformar o artigo 49 da Constitución, de maneira que
este precepto volva ser referencia para a protección e promoción dos dereitos das
persoas con discapacidade en España.
Artigo único.
O artigo 49 da Constitución española queda redactado nos seguintes termos:
«Artigo 49.
1. As persoas con discapacidade exercen os dereitos previstos neste Título
en condicións de liberdade e igualdade reais e efectivas. Regularase por lei a
protección especial que sexa necesaria para o devandito exercicio.
2. Os poderes públicos impulsarán as políticas que garantan a plena
autonomía persoal e a inclusión social das persoas con discapacidade, en
contornas universalmente accesibles. Así mesmo, fomentarán a participación das
súas organizacións, nos termos que a lei estableza. Atenderanse particularmente
as necesidades específicas das mulleres e os menores con discapacidade.»
Disposición final única.

cve: BOE-A-2024-3099
Verificable en https://www.boe.es

Esta reforma do artigo 49 da Constitución española entrará en vigor o mesmo día da
publicación do seu texto oficial no «Boletín Oficial do Estado». Publicarase tamén nas
demais linguas de España.