Administración Local. Lugo. Ayuntamiento De Begonte. (BOE-N-2025-429478)
Anuncio de notificación de 21 de mayo de 2025 en procedimiento de comunicación a titulares desconocidos del requerimiento para recordar el cumplimiento del deber de gestión de la biomasa vegetal y de retirada de especies arbóreas.
4 páginas totales
Página
Zahoribo únicamente muestra información pública que han sido publicada previamente por organismos oficiales de España.
Cualquier dato, sea personal o no, ya está disponible en internet y con acceso público antes de estar en Zahoribo. Si lo ves aquí primero es simple casualidad.
No ocultamos, cambiamos o tergiversamos la información, simplemente somos un altavoz organizado de los boletines oficiales de España.
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Núm. 142

Viernes 13 de junio de 2025

Supl. N. Pág. 3

CONCELLO DE BEGONTE
ANUNCIO de notificación a titulares descoñecidos do requerimento para lembrar o
cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e de retirada de especies
arbóreas.
De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de
prevención de defensa contra os incendios forestais de Galicia, e tras intentarse a
notificación á persoa responsable sen que fose posible efectuala por causas non
imputables ao Concello de Begonte, mediante o presente anuncio ponse de manifesto o
incumprimento por parte da persoa responsable que a continuación se indica da obriga
de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coa
parcela que se describe, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de
prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
Data da acta de inspección Localización/Polígono/Parcela
14/05/2025

Persona responsable

Horta da Casa Blanco, Begonte Pol. 137 Parc.28 Hrdos. Manuel Díaz Campos

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección indicada se
comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007.
Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario
para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da
recepción desta notificación.

3º. No caso de proceder a execución subsidiaria, o Concello realizará a liquidación
provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de ue se
procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do
transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva una vez rematados
os traballos, de ser o caso.
4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado,
iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no
título VII da Lei 3/2007:
Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):
Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións
cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da
xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do
territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.
Serán competentes para resolver os procedementos sancionadores por infracción
tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellaría con competencia en materia
forestal:

cve: BOE-N-2025-681393aff78a62eb700cc579c96c9cb60d02ef56
Verificable en https://www.boe.es

2º. En caso de persistencia no incumplimiento transcorrido o devandito prazo, o
concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria, con repercusión dos
custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas
retiradas pola Administración, nas condición establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei
3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia,
sen prexuízo da instrucción do procedemento sancionador que corresponda. As persoas
titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento teran a obriga legal de facilitar o
necesario acceso para a realización dos trabllos de xestión da biomasa e retirada das
especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria
terá a facultade de acceder sen consentimiento da persoa titular, agás nos supostos
excepcionais recollidos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos
físicos susceptibles de merecer a cualifación de domicilio para os efectos do artigo 18.2
da Constitución Española.