Administración Local. Lugo. Ayuntamiento De Sarria. (BOE-N-2025-530949)
Anuncio de notificación de 27 de junio de 2025 en procedimiento de gestión de multas por infracciones de tráfico.
5 páginas totales
Página
Zahoribo únicamente muestra información pública que han sido publicada previamente por organismos oficiales de España.
Cualquier dato, sea personal o no, ya está disponible en internet y con acceso público antes de estar en Zahoribo. Si lo ves aquí primero es simple casualidad.
No ocultamos, cambiamos o tergiversamos la información, simplemente somos un altavoz organizado de los boletines oficiales de España.
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Núm. 181

Martes 29 de julio de 2025

Supl. N. Pág. 4

ACTO QUE SE NOTIFICA: Resolución sancionadora por infracción de tráfico.
Despois de intentar practicar a notificación individual do xeito previsto no art. 90 de la
LSV e segundo o disposto no art. 91 da dita Lei e art. 40 a 44 da Lei 39/2015, de 1 de
outubro, de PAC das AAPP faise público que:
Iniciaronse os expedientes sancionadores relacionados, correspondendo a súa
instrución a D. Servando Lopez Lopez, oficial da Policía Local e a competencia para a
súa resolución ó Alcalde, D. Claudio M. Garrido Martinez, de acordo co art. 84.4 da LSV.
LUGAR E FORMA DE PAGO
A sanción poderá facerse efectiva dentro dos 15 días naturais seguintes a
notificación, mediante ingreso na conta ES94.2080.0174.14.3110000180 de ABANCA,
indicando nº. de expediente, nome e matrícula.
MEDIOS DE IMPUGNACIÓN
A resolución sancionadora porá fin á vía administrativa e a sanción poderase
executar desde o día seguinte a aquel en que se notifique ao interesado producindo
plenos efectos.
Contra as resolucións sancionadoras poderase interpoñer recurso potestativo de
reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ou
ben recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses perante o Xulgado
contencioso-administrativo de Lugo, ou perante o xulgado da mesma orde xurisdicional
correspondente a circunscrición na que teña o seu enderezo o sancionado.
O recurso de reposición interporase perante o órgano que ditou a resolución
sancionadora, e deberá remitirse ao Rexistro Xeral do Concello de Sarria, sito na rúa
Maior 14, Sarria, 27600 Lugo, por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei
39/2015. Este recurso se entenderá desestimado se non recaese resolución expresa no
prazo dun mes, quedando expedita a vía contencioso administrativa.
Nembargantes, poderase interpoñer calquera outro recurso que o interesado estime
procedente consonte a dereito.
Cando un condutor sexa sancionado en firme en vía administrativa pola comisión
dalgunha das infraccións graves ou moi graves relacionadas na LSV, os puntos que
corresponda descontar do crédito que teña no seu permiso ou licenza de condución
quedarán descontados de forma automática e simultánea no intre en que se proceda á
anotación da dita sanción no Rexistro de condutores e infractores, quedando constancia
no dito rexistro do crédito total de puntos de que dispoña o titular da autorización.
EXECUCION DA SANCIÓN
Unha vez firme a sanción, o interesado disporá dun prazo final de 15 días naturais
para o pago da multa, tralo que seu cobro se levará a cabo polo procedemento de
constrinximento (art. 110 LSV).
PROTECCIÓN DE DATOS
En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679, do Parlemento europeo e do
Consello, de 27 de abril de 2016, pode exercer os dereitos de acceso, rectificación,
cancelación, limitación, oposición e portabilidade de maneira gratuita dirixíndose ao
rexistro xeral do Concello por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015.
Para realizar calquera consulta pode poñerse en contacto co teléfono 986 896 092.

cve: BOE-N-2025-4aa3c67d6839eb310f0193ae5c38174ed53b7d37
Verificable en https://www.boe.es

PERDA DE PUNTOS NOS PERMISOS Y LICENZAS DE CONDUCIÓN