Comunidades Y Ciudades Autónomas. Comunidad Autónoma De Galicia. Consellería De Economía E Industria. (BOE-N-2025-449686)
DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE LA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA DE OURENSE. Anuncio de notificación de 29 de mayo de 2025 en procedimientos por el que se comunica el traslado a los titulares de las hojas de aprecio formuladas por la entidad beneficiaria en un expediente de expropiación forzosa en el ayuntamiento de A Veiga (expediente IN407A 2022/26-3).
4 páginas totales
Página
Zahoribo únicamente muestra información pública que han sido publicada previamente por organismos oficiales de España.
Cualquier dato, sea personal o no, ya está disponible en internet y con acceso público antes de estar en Zahoribo. Si lo ves aquí primero es simple casualidad.
No ocultamos, cambiamos o tergiversamos la información, simplemente somos un altavoz organizado de los boletines oficiales de España.
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Lunes 23 de junio de 2025

Supl. N. Pág. 3

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense Anuncio
de notificación do 29 de maio de 2025 en procedementos polo que se comunica o
traslado aos titulares das follas de valoración formuladas pola entidade beneficiaria nun
expediente de expropiación forzosa no concello da Veiga (expediente IN407A
2022/26-3).
Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a
publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun
procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada
esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das
follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os
bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA
SAG703 entre os apoios núms. 207 a 217, situada no concello da Veiga,
correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo,
indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar os
predios afectados.
O texto íntegro das referidas follas de valoración encóntrase ao dispor das persoas
titulares na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa
Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense) tras pediren cita previa no teléfono
988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas titulares disporán
dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste
anuncio, para solicitaren a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen.
Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuar a comparecencia, a notificación
entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para
comparecer.
Ourense, 29 de maio de 2025 - A directora territorial de Ourense, P.S. (Decreto
140/2024, artigo 40.3), José Luis Prada Suárez, Xefe do Servizo de Industria de Ourense

cve: BOE-N-2025-5ac7790eb8b59b58f4fb6a29a56ab1dba9ac870c
Verificable en https://www.boe.es

Núm. 150