Administración Local. Pontevedra. Ayuntamiento De Vigo. (BOE-N-2025-429815)
Anuncio de notificación de 22 de mayo de 2025 en procedimiento sancionador trafico.
46 páginas totales
Página
Zahoribo únicamente muestra información pública que han sido publicada previamente por organismos oficiales de España.
Cualquier dato, sea personal o no, ya está disponible en internet y con acceso público antes de estar en Zahoribo. Si lo ves aquí primero es simple casualidad.
No ocultamos, cambiamos o tergiversamos la información, simplemente somos un altavoz organizado de los boletines oficiales de España.
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Viernes 13 de junio de 2025

Supl. N. Pág. 24

Anuncio de Notificacion en Procedemento de Notificacións de Denuncia
Segundo o disposto nos artigos 90, 91 E 92 do Real Decreto Lexislativo 6/2015, do
30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Tráfico, Circulación de
Vehículos a Motor e Seguridade Viario, faise pública a notificación da iniciación dos
procedementos sancionadores ás persoas ou entidades denunciadas, instruídos pola
Xefatura da Area de Seguridade deste Concello, xa que tentándose a notificación no
último domicilio coñecido non se puido practicar. O órgano competente para resolver é o
Excmo. Alcalde ( art. 84.4), competencia que ten delegada na Concelleira da área de
goberno de Seguridade, Contratación, Festas e Xestión Municipal nos termos
establecidos no decreto de 28/06/2024 de modificación da delegación de competencias
do Alcalde en Concelleiros e Concelleiras de Area. Pode vostede proceder do seguinte
modo : A.- Abonar a multa ou identificar o condutor do vehículo obxecto da denuncia na
data indicada no prazo de 20 días naturais, o lugar de pago sería a oficina de
Recadación do Excmo. Concello de Vigo (Praza do Rei s/n). En caso de pago da sanción
no prazo de vinte días naturais desde a data de notificación de denuncia aplicarase o
procedemento sancionador abreviado regulado no art. 94 do RDL 6/2015 (L. S.V.) que
implica, entre outras consecuencias, a redución do 50 por cento do importe da sanción
de multa, a renuncia para formular alegacións e a terminación do procedemento sen
necesidade de ditar resolución expresa. O devandito procedemento abreviado non será
aplicable ás denuncias por infracción do art. 41.1 d B.- En caso de desconformidade coa
denuncia, os interesados poderán alegar por escrito, dirixido ao Rexistro Xeral do
Concello de Vigo, Praza do Rei s/n 36202 Vigo (Pontevedra) ou nos lugares previstos no
artigo 16 da Lei 39/2015, o que no seu defensa estimen conveniente, con achega ou
proposición das probas que consideren oportunas, dentro do prazo de vinte días
naturais, contados desde o seguinte ao da finalización da publicación do presente edicto.
C.-Transcorrido o prazo de 20 días naturais sen que se abonou a multa nin se fixo uso
do dereito para formular alegacións o contido da presente notificación de denuncia
servirá de acto resolutorio do procedemento sancionador nos supostos do art. 95.4 do
RD Lexislativo 6/2015, do 2 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei
sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria.A INSTRUTORA
(designada por decreto 9/10/2007) ROSANA GARCINUÑO BARREIRO.Según firma
dixital.

cve: BOE-N-2025-43157cb047bc09f7f1966a1e75e88ae181a310c0
Verificable en https://www.boe.es

Núm. 142