Comunidades Y Ciudades Autónomas. Comunidad Autónoma De Galicia. Consellería De Presidencia, Justicia Y Deportes. (BOE-N-2025-416513)
DIRECCIÓN GENERAL DE MOVILIDAD. Anuncio de notificación de 20 de mayo de 2025 en procedimientos a las personas titulares con notificación infructuosa de un trámite de información pública.
5 páginas totales
Página
Zahoribo únicamente muestra información pública que han sido publicada previamente por organismos oficiales de España.
Cualquier dato, sea personal o no, ya está disponible en internet y con acceso público antes de estar en Zahoribo. Si lo ves aquí primero es simple casualidad.
No ocultamos, cambiamos o tergiversamos la información, simplemente somos un altavoz organizado de los boletines oficiales de España.
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Martes 10 de junio de 2025

Supl. N. Pág. 4

Dirección Xeral de Mobilidade Anuncio de notificación do 20 de maio de 2025 en
procedementos ás persoas titulares con notificación infrutuosa dun trámite de
información pública.
De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este
anuncio notifícaselles ás persoas interesadas que se relacionan no anexo o trámite de
información pública do procedemento de aprobación do proxecto de interese autonómico
para o aparcadoiro de vehículos pesados na ligazón de Balsa, da VG-20 coa PO-010, no
concello de Vigo (Pontevedra), logo dos intentos de notificación realizados sen que fose
posible efectuar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por
descoñecer o domicilio das persoas interesadas.
No prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do
presente anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, poderán
comparecer para acceder aos documentos titulados:
– O proxecto de interese autonómico do aparcadoiro de vehículos pesados na
ligazón de Balsa, da VG-20 coa PO-010, presentado polo Consorcio da Zona Franca de
Vigo o 27.11.2023, elaborado por Proyfe, S.L. e asinado por Pardiñas Lamas, David
(enxeñeiro de camiños, canais e portos) e Hermida Feal, María de las Mercedes
(arquitecta).
– O acordo de aprobación inicial do proxecto de interese autonómico do aparcadoiro
de vehículos pesados na ligazón de Balsa, da VG-20 coa PO-010, no concello de Vigo
(Pontevedra).
Para que calquera persoa interesada poida consultalos e, de ser o caso, formular no
citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, o
documento estará á súa disposición, en horario de atención ao público, na seguinte
dependencia:
– Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes,
situada en San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña.
Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de
Presidencia, Xustiza e Deportes:
https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacionpublica
Mediante os anuncios publicados o 29 de xaneiro de 2025 no DOG núm. 19 e no
BOP de Pontevedra núm. 150, someteuse o antedito proxecto ao trámite de información
pública, durante o prazo dun mes, tal e como establece o artigo 55.5 da Lei 1/2021, do 8
de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia (DOG núm. 8, do 14 de xaneiro).
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2025 - Judit Fontenla Baró, Directora xeral
de Mobilidade

cve: BOE-N-2025-ef162e19d7fb8ee87ff88eb25e774dc913964dcf
Verificable en https://www.boe.es

Núm. 139