Administración Local. Pontevedra. Ayuntamiento De Vigo. (BOE-N-2025-396625)
XERENCIA MUNICIPAL DE URBANISMO. Anuncio de notificación de 23 de mayo de 2025 en procedimiento Constitución de la Junta de Compensación del polígono único del PERI de la UA 3 Montana (expte. 5348/401).
<< 2 << Página 2
Página 3 Pág. 3
-
3 páginas totales
Página
Zahoribo únicamente muestra información pública que han sido publicada previamente por organismos oficiales de España.
Cualquier dato, sea personal o no, ya está disponible en internet y con acceso público antes de estar en Zahoribo. Si lo ves aquí primero es simple casualidad.
No ocultamos, cambiamos o tergiversamos la información, simplemente somos un altavoz organizado de los boletines oficiales de España.
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Núm. 132

Lunes 2 de junio de 2025

Supl. N. Pág. 3

Por non resultar posible practicar a notificación persoal, aos interesado que a
continuación se relacionan, no lugar indicado como domicilio, por medio do presente
anuncio e conforme ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de
procedimiento administrativo común das administracións públicas, se lles comunica que
en data do 30 de abril de 2025 foilles remitida notificación co seguinte contido íntegro:
“O Consello da Xerencia municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, na súa sesión
ordinaria do 29 de abril de 2025, acordou prestar aprobación á escritura pública de
constitución da Xunta de compensación do «Polígono único do PERI da UA 3
MONTANA» outorgada perante o notario desta cidade dona Margarita Colunga Fidalgo,
en data 27.03.2025 ao número 250 do seu protocolo, e instar da Xunta de compensación
a práctica da nota marxinal no Rexistro da propiedade núm.3 de Vigo, do inicio do
procedemento de cada unha das fincas afectadas, segundo o disposto no art. 5 do Real
decreto 1093/1997, de 4 de xullo.
A Xunta de Compensación rexerase polos Estatutos e Bases de Actuación
aprobados definitivamente pola Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión
ordinaria do 24 de xaneiro de 2025, e publicado no BOPPO núm. 37 do 24.02.2025.
Por parte da Xerencia municipal de Urbanismo procederase á practica do
correspondente asento de inscrición, no Rexistro municipal de entidades urbanísticas
colaboradoras do Concello de Vigo, de conformidade co disposto na súa ordenanza
reguladora (BOP núm. 99, do 24 de maio de 2018).
Por medio da presente dáselles traslado da certificación do acordo íntegro adoptado,
con indicación de que contra o mesmo, que pon fin á vía administrativa, caberá
interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o mesmo órgano
que o ditou, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante os
Xulgados do contencioso-administrativo de Vigo, contados en ambos casos dende o día
seguinte ao da notificación, ou calquera outro que estimen procedente.”
De acordo co disposto no artigo 46 da mesma Lei, se lles indica aos interesados que
poderán comparecer, no prazo de quince (15) días dende esta publicación, na Xerencia
municipal de Urbanismo do Concello de Vigo (previa cita no telefono 986 810 325), sita
na Praza do Rei s/n, para coñecemento do contido íntegro do mencionado acto e
constancia de tal coñecemento. Ao dito acto deberán comparecer os interesados ou os
seus representantes, que deberán acreditar a dita representación mediante calquera
medio válido en dereito que deixe constancia fidedigna da súa existencia.
DNI

NÚMERO DE NOTIFICACIÓN

https://www.boe.es

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

cve: BOE-N-2025-ad2afa53e4fac6533ac7006f060884c2f4c88cd0
Verificable en https://www.boe.es

35857837D 5302-2025-0

D. L.: M-1/1958 - ISSN: 0212-033X