Comunidades Y Ciudades Autónomas. Comunidad Autónoma De Galicia. Consellería De Hacienda Y Administración Pública. (BOE-N-2025-394453)
Anuncio de notificación de 9 de mayo de 2025 en procedimiento por la que se declara a la Comunidad Autónoma de Galicia heredera abintestato.
4 páginas totales
Página
Zahoribo únicamente muestra información pública que han sido publicada previamente por organismos oficiales de España.
Cualquier dato, sea personal o no, ya está disponible en internet y con acceso público antes de estar en Zahoribo. Si lo ves aquí primero es simple casualidad.
No ocultamos, cambiamos o tergiversamos la información, simplemente somos un altavoz organizado de los boletines oficiales de España.
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Núm. 131

Sábado 31 de mayo de 2025

Supl. N. Pág. 3

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Simplificación
Administrativa e do Patrimonio, pola que se declara á Comunidade Autónoma de Galicia
herdeira ab intestato de Amalia Verdini Pan.
Antecedentes:
Mediante a Resolución do 30 de maio de 2024 acordouse a incoación do
procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia
como herdeira ab intestato de Amalia Verdini Pan (ABI/2018/0012).
A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (Supl. núm. 147, do 18
de xuño de 2024), no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 115, do 14 de xuño), na páxina
web da Consellería de Facenda e Administración Pública, e foi exposta no taboleiro de
anuncios do Concello da Coruña por un prazo non inferior a trinta días naturais.
Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras
vontades relativos á persoa causante, nos cales se acredita o seu falecemento o 25 de
xuño de 2014 na Coruña e que non outorgara testamento rexistrado. Así mesmo, figura
igualmente incorporado certificado do seu empadroamento no Concello da Coruña, polo
que queda xustificada formalmente a súa veciñanza civil galega.
Durante a tramitación do procedemento non se recibiron alegacións, documentos ou
outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración
autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía autonómica de
Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.
Das consultas efectuadas perante o Catastro inmobiliario, no Índice xeral
informatizado de predios e dereitos do Rexistro da Propiedade e por outras fontes,
determinouse, en principio, que polo menos forman parte dos bens hereditarios da
persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución,
sen prexuízo da inclusión daqueloutros que se identifiquen con posterioridade a esta
declaración como de titularidade da persoa causante.
A Asesoría Xurídica da Consellería de Facenda e Administración Pública emitiu
informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións efectuadas para a declaración
da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.
Fundamentos xurídicos:
– Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia; artigo 267 e seguintes.
– Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas; artigos
20.6 e 20.bis.8.
– Lei 6/2023, do 2 de novembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia;
título III, artigo 147 e seguintes.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das
administracións públicas.
– Decreto 141/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da
Consellería de Facenda e Administración Pública; artigos 14 e 16.
Segundo o anterior,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab
intestato de Amalia Verdini Pan, con DNI 32346388-Q, entendéndose legalmente
aceptada a herdanza a beneficio de inventario.
Segundo. Adxudicarlle á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da
herdanza identificados:

cve: BOE-N-2025-12690f6ccf08b4c2f3757dff862d14f585eb9f67
Verificable en https://www.boe.es

– Código civil; artigo 657 e seguintes.