Comunidades Y Ciudades Autónomas. Comunidad Autónoma De Galicia. Consellería Del Mar. (BOE-N-2025-349147)
PUERTOS DE GALICIA. Anuncio de notificación de 25 de abril de 2025 en procedimientos por la que se notifica el acuerdo de inicio del procedimiento administrativo sancionador del expediente 13-35-25-48 y uno más.
5 páginas totales
Página
Zahoribo únicamente muestra información pública que han sido publicada previamente por organismos oficiales de España.
Cualquier dato, sea personal o no, ya está disponible en internet y con acceso público antes de estar en Zahoribo. Si lo ves aquí primero es simple casualidad.
No ocultamos, cambiamos o tergiversamos la información, simplemente somos un altavoz organizado de los boletines oficiales de España.

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Jueves 15 de mayo de 2025
Supl. N. Pág. 4
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento
administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), notifícaselles aos
denunciados cuxos datos persoais se mencionan nos anexos, mediante a publicación no
Boletín Oficial del Estado, o acordo de inicio do procedemento administrativo
sancionador por presunta infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de
Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde
ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia
do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público,
de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo
144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.
De acordo co artigo 64.2.f) da LPAC, dispoñen dun prazo de quince (15) días,
contado desde o día seguinte ao da publicación destes acordos, para formularen
alegacións e, de ser o caso, propoñeren proba ante o instrutor, concretando os medios
de que se pretendan valer e citando o número de expediente.
Así mesmo, e con anterioridade ao trámite de audiencia, poderanse formular
alegacións e achegar os documentos que se consideren convenientes.
De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, estes acordos, por
aplicación do establecido no artigo 62.2.f) da LPAC, serán considerados propostas de
resolucións.
Se recoñecen voluntariamente a súa responsabilidade, resolverase o procedemento
coa imposición da sanción que proceda.
Poderase pagar voluntariamente a multa cunha redución do 30 por cento sobre o
importe da sanción proposta, mediante o ingreso en calquera oficina das entidades de
depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), utilizando o modelo de
impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en
calquera entidade bancaria; o pagamento reducido comporta a renuncia a formular
alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución e a
imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.
Por outra parte, dispoñen dun prazo máximo de dez (10) días, contado desde a
publicación deste acordo, para identificaren, no caso de que non fosen vostedes, os/as
condutores/as do vehículo na data e na hora da denuncia, indicando o seu nome,
apelidos e documento nacional de identidade, así como o domicilio para os efectos de
notificacións. Responderán vostedes persoalmente cando non sexa posible a dita
notificación por algunha causa que lles sexa imputable e igualmente cando se oculte
información ou a facilitada sexa falsa ou deliberadamente incorrecta.
Santiago de Compostela, 25 de abril de 2025 - Juan Sanmartín Ferreiro, Director
xeral de Portos de Galicia
cve: BOE-N-2025-f37fed9eb9924262d132682d6df4fa962c2dd03c
Verificable en https://www.boe.es
Núm. 117