Comunidades Y Ciudades Autónomas. Comunidad Autónoma De Galicia. Consellería De Economía E Industria. (BOE-N-2025-349152)
DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE LA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA DE A CORUÑA. Anuncio de notificación de 10 de abril de 2025 en procedimientos por el que que se notifica la resolución de autorización administrativa previa, de construcción y declaración de utilidad pública, en concreto, de una instalación eléctrica en el ayuntamiento de Arteixo (expediente IN407A 2024/077-1).
4 páginas totales
Página
Zahoribo únicamente muestra información pública que han sido publicada previamente por organismos oficiales de España.
Cualquier dato, sea personal o no, ya está disponible en internet y con acceso público antes de estar en Zahoribo. Si lo ves aquí primero es simple casualidad.
No ocultamos, cambiamos o tergiversamos la información, simplemente somos un altavoz organizado de los boletines oficiales de España.
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Jueves 15 de mayo de 2025

Supl. N. Pág. 3

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña Anuncio
de notificación do 10 de abril de 2025 en procedementos polo que se notifica a
resolución de autorización administrativa previa, de construción e declaración de
utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de
Arteixo (expediente IN407A 2024/077-1).
Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a
publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun
procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada
esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio notifícase á persoa sinalada no
cadro anexo a resolución desta dirección territorial, do 22.1.2025, pola que se concede a
autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en
concreto, dunha instalación de distribución eléctrica a prol da entidade UFD Distribución
Electricidad, S.A. e que corresponde ao proxecto de instalación eléctrica denominada
LMT, CT e RBT Lañas, no concello de Arteixo (expediente IN407A 2024/077-1).
O texto íntegro da resolución que agora se anuncia está a disposición da persoa
interesada na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria
da Coruña, situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º
andar, 15008 A Coruña, na Sección de Enerxía (teléfono de contacto 981 18 49 02), das
9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A persoa interesada disporá dun prazo de dez
días, a partir da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión da resolución ao
enderezo que sinale.
Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá
interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun
mes contado a partir da notificación da resolución, ou interpoñer calquera outro recurso
que proceda.
A Coruña, 10 de abril de 2025 - Isidoro Martínez Arca, Director territorial da Coruña

cve: BOE-N-2025-57a95dbc2465149dbf22f66f2fdfd1c98dee072d
Verificable en https://www.boe.es

Núm. 117