Comunidades Y Ciudades Autónomas. Comunidad Autónoma De Galicia. Consellería De Sanidad. (BOE-N-2025-341611)
DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE LA CONSELLERÍA DE SANIDAD DE PONTEVEDRA. Anuncio de notificación de 24 de abril de 2025 en procedimientos por el que se notifica la resolución del expediente sancionador 20250010TA-PO por infracción en materia sanitaria.
4 páginas totales
Página
Zahoribo únicamente muestra información pública que han sido publicada previamente por organismos oficiales de España.
Cualquier dato, sea personal o no, ya está disponible en internet y con acceso público antes de estar en Zahoribo. Si lo ves aquí primero es simple casualidad.
No ocultamos, cambiamos o tergiversamos la información, simplemente somos un altavoz organizado de los boletines oficiales de España.
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Martes 13 de mayo de 2025

Supl. N. Pág. 3

Departamento Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra Anuncio de
notificación do 24 de abril de 2025 en procedementos polo que se notifica a resolución
do expediente sancionador 20250010TA-PO por infracción en materia sanitaria.
O 24 de xaneiro de 2025, a directora territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio
do expediente sancionador 20250010A-PO contra a persoa titular do NIE Y7554440N.
Logo de intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 40 e seguintes da
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das
administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio, se lle
notifica á persoa titular do NIE Y7554440N o contido da dita resolución, que figura no
anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.
No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no
seguinte prazo:
1. Se a publicación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da
publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil
seguinte.
2. Se a publicación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da
publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o
inmediato hábil seguinte.
Para isto deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados nas
dependencias deste departamento territorial. O pagamento voluntario porá fin ao
expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de
constrinximento.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer
recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en
Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da
publicación desta resolución, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei
39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións
públicas.
Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa
interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa
publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 24 de abril de 2025 - Natalia Botana Rey, Directora territorial de
Pontevedra
cve: BOE-N-2025-c42f6db41209e26012b59c6f01a4e2d5ce82f42c
Verificable en https://www.boe.es

Núm. 115