Administración Local. A Coruña. Ayuntamiento De Teo. (BOE-N-2025-341854)
Anuncio de notificación de 7 de mayo de 2025 en procedimiento de Modificación puntual no sustancial del Plan General de Ordenación Municipal del Ayuntamiento de Teo. Modificación puntual nº 4 actuaciones residenciales unitarias consolidadas.
<< 1 << Página 1
Página 2 Pág. 2
-
2 páginas totales
Página
Zahoribo únicamente muestra información pública que han sido publicada previamente por organismos oficiales de España.
Cualquier dato, sea personal o no, ya está disponible en internet y con acceso público antes de estar en Zahoribo. Si lo ves aquí primero es simple casualidad.
No ocultamos, cambiamos o tergiversamos la información, simplemente somos un altavoz organizado de los boletines oficiales de España.
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Núm. 115

Martes 13 de mayo de 2025

Supl. N. Pág. 2

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria do 30 de abril de 2025, acordou aprobar
inicialmente a MODIFICACIÓN PUNTUAL NON SUBSTANCIAL DO PLAN XERAL DE
ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE TEO. MODIFICACIÓN PUNTUAL Nº 4.
ACTUACIÓNS RESIDENCIAIS UNITARIAS CONSOLIDADAS, do 18 de marzo de 2025,
promovido de oficio polo Concello de Teo e redactado polos servizos técnicos
municipais.
De conformidade cos artigos 47 da LSG e 86 do RLSG, suspéndese o procedemento
de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no
ámbito da citada modificación puntual non substancial.
A duración da suspensión é de dous anos, contados dende a aprobación inicial,
extinguíndose en todo caso coa aprobación definitiva da modificación puntual non
substancial.
A área afectada pola suspensión é a do ámbito da modificación substancial que se
concreta nas ordenanza U-6. Actuacións residenciais unitarias consolidadas (artigo 109
PXOM).
Sométese o expediente a información pública por prazo de un mes mediante a
publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na Voz de Galicia, no taboleiro de
edictos do Concello e no Boletín Oficial do Estado (83 da LSG, 200 e 207 RLSG e 44
LPACAP). Durante ese prazo, que se computará a partir do seguinte ao da publicación
deste anuncio no DOG, poderán presentarse alegacións, suxestións ou documentos que
se consideren oportunos en relación co instrumento ou o expediente sometido a
información pública (artigo 207.2d) do RLSG).
O anuncio que se publique no BOE servirá de notificación nos termos do artigo 44 da
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das
Administracións Públicas, para todas as persoas propietarias e interesadas directamente
afectadas que por resultar descoñecidas ou por se ignorar o seu enderezo non poidan
ser notificadas persoalmente, ou intentada a notificación non se puidese practicar.
O anuncio de información pública publicarase así mesmo na paxina web
(www.teo.gal), na sede electrónica (artigo 70 ter da LRBRL, 87 da LSG, 206 do RLSG e
25.4 do TRLSRU) e no portal de transparencia do Concello de Teo (7e) LT).

cve: BOE-N-2025-2e4e680539bcbef61eb7e8dddfed16ef78ffd743
Verificable en https://www.boe.es

O expediente completo estará a disposición das persoas interesadas no
departamento de urbanismo do Concello, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas.

https://www.boe.es

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

D. L.: M-1/1958 - ISSN: 0212-033X