Comunidades Y Ciudades Autónomas. Comunidad Autónoma De Galicia. Consellería De Economía E Industria. (BOE-N-2025-329613)
DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE LA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA DE A CORUÑA. Anuncio de notificación de 15 de abril de 2025 en procedimientos de comunicación del traslado de hojas de aprecio por expediente de expropiación, en el ayuntamiento de San Sadurniño (expediente IN407A 2022/89-1).
4 páginas totales
Página
Zahoribo únicamente muestra información pública que han sido publicada previamente por organismos oficiales de España.
Cualquier dato, sea personal o no, ya está disponible en internet y con acceso público antes de estar en Zahoribo. Si lo ves aquí primero es simple casualidad.
No ocultamos, cambiamos o tergiversamos la información, simplemente somos un altavoz organizado de los boletines oficiales de España.
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Jueves 8 de mayo de 2025

Supl. N. Pág. 3

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña Anuncio
de notificación do 15 de abril de 2025 en procedementos de comunicación do traslado de
follas de valoración por expediente de expropiación, no concello de San Sadurniño
(expediente IN407A 2022/89-1)
Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a
publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun
procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada
esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das
follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os
bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT
CDR804 (Coira), apoio AUSP5XI//139-16, no concello de San Sadurniño (expediente
IN407A 2022/89-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no
cadro anexo que máis abaixo se detalla.
O texto íntegro das referidas follas de valoración está á disposición das persoas
interesadas na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria
da Coruña, situado no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º,
15008 A Coruña, na Sección de Expropiacións (teléfono de contacto 981 18 49 11), das
9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán dun prazo
de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para
solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen.
Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a
comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do
vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 15 de abril de 2025 - Isidoro Martínez Arca, Director territorial da Coruña

cve: BOE-N-2025-d1a922d1a3f31e8ea4a6f0c303a1b5e4b196eb4b
Verificable en https://www.boe.es

Núm. 111