Comunidades Y Ciudades Autónomas. Comunidad Autónoma De Galicia. Consellería De Economía E Industria. (BOE-N-2025-319064)
DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE LA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA DE OURENSE. Anuncio de notificación de 14 de abril de 2025 en procedimientos por el que se notifica a las personas interesados la constitución del depósito de pago del justiprecio por las afectaciones derivadas de la construcción de una instalación eléctrica en el ayuntamiento de Nogueira de Ramuín (expediente IN407A 2022/76-3).
4 páginas totales
Página
Zahoribo únicamente muestra información pública que han sido publicada previamente por organismos oficiales de España.
Cualquier dato, sea personal o no, ya está disponible en internet y con acceso público antes de estar en Zahoribo. Si lo ves aquí primero es simple casualidad.
No ocultamos, cambiamos o tergiversamos la información, simplemente somos un altavoz organizado de los boletines oficiales de España.
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Martes 6 de mayo de 2025

Supl. N. Pág. 3

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense Anuncio
de notificación do 14 de abril de 2025 en procedementos polo que se lles notifica ás
persoas interesadas a constitución do depósito de pagamento do prezo xusto polas
afectacións derivadas da construción dunha instalación eléctrica no concello de Nogueira
de Ramuín (expediente IN407A 2022/76-3)
Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a
publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados
nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben,
intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio cítanse as persoas
titulares dos predios relacionados no anexo para seren notificadas por comparecencia,
por non ser posible a notificación prevista na citada norma, da constitución, por parte da
empresa beneficiaria, do depósito de pagamento do prezo xusto e xuros de demora
acordado mediante a Resolución do Xurado de Expropiación de Galicia, relativo ás
afectacións derivadas da construción da instalación eléctrica denominada
Regulamentación LMT PRS806 en tramo entre apoios 55-5 e 55-13, situada no concello
de Nogueira de Ramuín.
As persoas titulares ou os seus representantes deberán comparecer no prazo de dez
(10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de
edictos único (TEU) do BOE, nas dependencias do Departamento Territorial da
Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense),
das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Tamén poden solicitalo por correo postal. En
ambos os casos deben acompañar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que os
acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da
conta bancaria onde se lles ingresará a cantidade correspondente ao depósito
constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no
TEU.
Ourense, 14 de abril de 2025 - Alicia María López Míguez, Directora territorial de
Ourense

cve: BOE-N-2025-f6c00264e51256775bbb4c41f662dcc3cdeefc93
Verificable en https://www.boe.es

Núm. 109