Comunidades Y Ciudades Autónomas. Comunidad Autónoma De Galicia. Consellería Del Mar. (BOE-N-2025-318068)
DIRECCIÓN GENERAL DE PESCA, ACUICULTURA E INNOVACIÓN TECNOLÓGICA. Anuncio de notificación de 11 de abril de 2025 en procedimientos por el que se notifica la resolución por la que se declara la extinción de la concesión de actividad de un establecimiento de acuicultura sito en Porto, Meirás, en el ayuntamiento de Valdoviño (A Coruña), titularidad de la extinguida sociedad Luso Hispana de Acuicultura, S.L.U.
<< 1 << Página 1
Página 2 Pág. 2
-
2 páginas totales
Página
Zahoribo únicamente muestra información pública que han sido publicada previamente por organismos oficiales de España.
Cualquier dato, sea personal o no, ya está disponible en internet y con acceso público antes de estar en Zahoribo. Si lo ves aquí primero es simple casualidad.
No ocultamos, cambiamos o tergiversamos la información, simplemente somos un altavoz organizado de los boletines oficiales de España.
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Núm. 108

Lunes 5 de mayo de 2025

Supl. N. Pág. 2

DIRECCIÓN XERAL DE PESCA, ACUICULTURA E INNOVACIÓN TECNOLÓXICA
Anuncio de notificación do 11 de abril de 2025 en procedementos polo que se notifica a
resolución pola que se declara a extinción da concesión de actividade dun
establecemento de acuicultura sito en Porto, Meirás, no concello de Valdoviño (A
Coruña), titularidade da extinguida sociedade Luso Hispana de Acuicultura, S.L.U
De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2
de outubro), segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva
cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da
notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio
notifícase a calquera persoa interesada a resolución ditada pola directora xeral de
Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, por delegación da persoa titular da
Consellería do Mar, o 9 de abril de 2025, pola que se declara a extinción da concesión
de actividade dun establecemento de acuicultura sito en Porto, Meirás, no concello de
Valdoviño (A Coruña), titularidade da extinguida sociedade Luso Hispana de Acuicultura,
S.L.U. (B36824811).
En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas
interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte
ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial
del Estado (BOE), nas oficinas da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación
Tecnolóxica, situadas na praza de Europa, 5A, 4º (polígono das Fontiñas), 15781
Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o
coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o prazo de dez (10) días indicado no parágrafo anterior sen efectuar a
comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao
vencemento do prazo sinalado para comparecer.

cve: BOE-N-2025-5446c125958e55d4a7a8ac251257d2718098a735
Verificable en https://www.boe.es

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2025 - Patricia García Sánchez, Directora
xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

https://www.boe.es

BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO

D. L.: M-1/1958 - ISSN: 0212-033X