Comunidades Y Ciudades Autónomas. Comunidad Autónoma De Galicia. Consellería De Economía E Industria. (BOE-N-2025-317059)
DIRECCIÓN GENERAL DE ESTRATEGIA INDUSTRIAL Y SUELO EMPRESARIAL. Anuncio de notificación de 14 de abril de 2025 en procedimientos por el que se convoca el levantamiento de actas de pago y ocupación en la expropiación forzosa de los bienes y derechos que se necesitan ocupar para la ejecución de la ampliación del parque tecnológico y logístico de Vigo.
7 páginas totales
Página
Zahoribo únicamente muestra información pública que han sido publicada previamente por organismos oficiales de España.
Cualquier dato, sea personal o no, ya está disponible en internet y con acceso público antes de estar en Zahoribo. Si lo ves aquí primero es simple casualidad.
No ocultamos, cambiamos o tergiversamos la información, simplemente somos un altavoz organizado de los boletines oficiales de España.
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Jueves 1 de mayo de 2025

Supl. N. Pág. 5

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial ANUNCIO do 14 de abril
de 2025, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, polo que se
convoca o levantamento de actas de pagamento e ocupación na expropiación forzosa
dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do parque
tecnolóxico e loxístico de Vigo.
Mediante a Resolución do 14 de marzo de 2025, da Consellería de Economía e
Industria, publicada no Diario oficial de Galicia núm. 58, do 25 de marzo, acordouse
aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de
taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución da
ampliación do parque tecnolóxico e loxístico de Vigo.
Mediante a Resolución do 20 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Estratexia
Industrial e Solo Empresarial, convócase o levantamento de actas de pagamento e
ocupación dos bens e dereitos afectados no proxecto de expropiación forzosa, polo
procedemento de taxación conxunta, dos terreos que se precisan ocupar para a
execución da ampliación do Parque tecnolóxico e loxístico de Vigo. Resolución publicada
no Diario oficial de Galicia núm. 72, do 14 de abril.
Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento administrativo común das administracións públicas, que establece que a
publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun
procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada
esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio convócanse todas as
persoas interesadas e, particularmente, as relacionadas no anexo a este anuncio ao acto
de levantamento das actas de pagamento e ocupación, que se levará a cabo os días 5, 7
e 12 de maio no horario que figura no anexo a este anuncio no Centro de Servizos do
PTL
(edificio
negro,
coordenadas
de
localización
42.17530914178696,
-8.713379221517004), estrada do Portal nº 144, planta baixa, Valladares, 36315 Vigo,
dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa, polo procedemento de taxación
conxunta, dos terreos que se precisan ocupar para a execución da ampliación do Parque
tecnolóxico e loxístico de Vigo. O contido integro da resolución de convocatoria está
publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 72, do 14 de abril de 2025.
Ao acto deberán comparecer as persoas titulares dos bens ou dereitos afectados ou
unha persoa representante debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como
os documentos acreditativos da titularidade. O pagamento do prezo xusto só se lles fará
efectivo, consignándose en caso contrario, cando se acredite en legal forma a
titularidade e, para tal efecto, o interesado achegará certificación do Rexistro da
Propiedade ao seu favor, ou, na súa falta, os títulos auténticos xustificativos do seu
dereito completados coa certificación negativa do Rexistro da Propiedade, de ser o caso,
referida ao mesmo predio descrito nos títulos. De existiren cargas, deberán comparecer
os seus titulares.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de
edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 14 de abril de 2025 - Margarita Ardao Rodríguez, Directora
xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

cve: BOE-N-2025-8a20f2d7f5f7035136fa25d63a18cc851905833a
Verificable en https://www.boe.es

Núm. 105