Comunidades Y Ciudades Autónomas. Comunidad Autónoma De Galicia. Presidencia De La Xunta De Galicia. (BOE-N-2025-317057)
AGENCIA TURISMO DE GALICIA. Anuncio de notificación de 9 de abril de 2025 en procedimientos por la que se notifica la incoación del expediente sancionador RITGA-E-2024-013281, por infracción en materia de turismo.
4 páginas totales
Página
Zahoribo únicamente muestra información pública que han sido publicada previamente por organismos oficiales de España.
Cualquier dato, sea personal o no, ya está disponible en internet y con acceso público antes de estar en Zahoribo. Si lo ves aquí primero es simple casualidad.
No ocultamos, cambiamos o tergiversamos la información, simplemente somos un altavoz organizado de los boletines oficiales de España.
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Jueves 1 de mayo de 2025

Supl. N. Pág. 3

Axencia Turismo de Galicia Anuncio de notificación do 9 de abril de 2025 en
procedementos pola que se notifica a incoación do expediente sancionador RITGAE-2024-013281 por infracción en materia de turismo.
De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2
de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a incoación do expediente
sancionador, RITGA-E-2024-013281, xa que, intentada polo medio habitual, non se
puido efectuar.
Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a José María Picallo Búa. A
persoa interesada pode promover a súa recusación en calquera momento da tramitación
do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de
outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
A resolución deste expediente sancionador en materia de turismo correspóndelle á
persoa titular da Axencia de Turismo de Galicia, segundo se dispón no artigo 19.4.g) dos
estatutos da devandita axencia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro,
polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 193, do 9
de outubro), en relación co artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de
Galicia.
De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a
resolución do presente procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun ano
desde a data deste acordo.
A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, conforme o establecido
no artigo 82.2 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, para presentar, ante o instrutor do
procedemento, para a súa incorporación a el, alegacións, documentos e informacións
que considere convenientes e, se é o caso, propoñer que se practiquen os medios de
proba de que se pretenda valer. Advírtese que, de non formular alegacións no prazo
indicado, este acordo se considerará proposta de resolución, de conformidade co
previsto no artigo 64.1 da devandita lei.
De conformidade co establecido no artigo 85.3 da indicada Lei 39/2015, infórmase a
persoa imputada de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto
das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou
pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución) ou o 40 % (no caso
de que recoñeza a súa responsabilidade e, ademais, pague voluntariamente en calquera
momento anterior á resolución).
Pontevedra, 9 de abril de 2025 - Felipe Ferrero González, Xefe da Área Provincial de
Turismo

cve: BOE-N-2025-cf5bb449328dd9acbc776cd400f7d4777db50ea1
Verificable en https://www.boe.es

Núm. 105