Comunidades Y Ciudades Autónomas. Comunidad Autónoma De Galicia. Consellería De Economía E Industria. (BOE-N-2025-253348)
SECRETARÍA GENERAL DE INDUSTRIA Y DESARROLLO ENERGÉTICO. Anuncio de notificación de 31 de marzo de 2025 en procedimientos por el que se notifica a varias personas solicitantes que acrediten la condición de parte interesada en el expediente de aprobación del Proyecto de una planta de producción de fibras textiles a base de celulosa en Palas de Rei (Lugo), promovida por Greenfiber, S.L.
16 páginas totales
Página
Zahoribo únicamente muestra información pública que han sido publicada previamente por organismos oficiales de España.
Cualquier dato, sea personal o no, ya está disponible en internet y con acceso público antes de estar en Zahoribo. Si lo ves aquí primero es simple casualidad.
No ocultamos, cambiamos o tergiversamos la información, simplemente somos un altavoz organizado de los boletines oficiales de España.
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Sábado 5 de abril de 2025

Supl. N. Pág. 9

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético Anuncio de notificación
do 31 de marzo de 2025 en procedementos polo que se notifica a varias persoas
solicitantes que acrediten a condición de parte interesada no expediente de aprobación
do Proxecto dunha planta de produción de fibras téxtiles a base de celulosa en Palas de
Rei (Lugo), promovida por Greenfiber, S.L.
De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento administrativo común das administracións públicas, cando sexa necesario
practicar unha notificación e se ignore o lugar de notificación ou ben, tentada esta, non
se poida efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín
Oficial del Estado.
Na tramitación do expediente de aprobación do Proxecto dunha planta de produción
de fibras téxtiles a base de celulosa en Palas de Rei (Lugo), promovida por Greenfiber,
S.L., recibíronse solicitudes de persoas que solicitan ser recoñecidas como parte
interesada no procedemento. Nalgúns dos casos ou ben non se indicou adecuadamente
o lugar de notificación ou ben non foi posible practicala, polo que, por medio deste
anuncio, e de conformidade co establecido na Lei 39/2015, se procede á seguinte
notificación:
As persoas relacionadas no anexo I presentaron escrito de alegacións durante a fase
de información pública do Proxecto dunha planta de produción de fibras téxtiles a base
de celulosa en Palas de Rei (Lugo), promovida por Greenfiber, S.L., declarado proxecto
industrial estratéxico (PIE) polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de
decembro de 2022.
No devandito escrito de alegacións, as persoas relacionadas no anexo I solicitaban o
seu recoñecemento como parte interesada no expediente en tramitación.
Á vista das ditas solicitudes, é preciso realizar as seguintes consideracións:
1. O artigo 4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo
común das administracións públicas, establece o seguinte:
«1. Considéranse interesados nun procedemento administrativo:
a) Os que o promovan como titulares de dereitos ou intereses lexítimos individuais ou
colectivos.
b) Os que, sen iniciaren o procedemento, teñan dereitos que poidan resultar
afectados pola decisión que nel se adopte.
c) Aqueles cuxos intereses lexítimos, individuais ou colectivos, poidan resultar
afectados pola resolución e comparezan no procedemento en canto non se ditase
resolución definitiva.
2. As asociacións e organizacións representativas de intereses económicos e sociais
serán titulares de intereses lexítimos colectivos nos termos que a lei recoñeza.
3. Cando a condición de interesado derive dalgunha relación xurídica transmisible, o
habente dereito sucederá en tal condición calquera que sexa o estado do
procedemento».
2. Por todo o indicado, requírense as persoas afectadas por esta notificación para
que, no prazo máximo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da
publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, acrediten os requisitos
sinalados para o recoñecemento como parte interesada no procedemento sinalado,
tendo en conta o indicado no artigo 4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
De non darse cumprimento a este requirimento, teranse por desistidas da súa
petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da
Lei 39/2015, do 1 de outubro.

cve: BOE-N-2025-dc0cb82ee056d302fe76f6e9029beea8b8b64a9d
Verificable en https://www.boe.es

Núm. 83