Comunidades Y Ciudades Autónomas. Comunidad Autónoma De Galicia. Consellería De Economía E Industria. (BOE-N-2025-236316)
DEPARTAMENTO TERRITORIAL DE LA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA DE A CORUÑA. Anuncio de notificación de 19 de marzo de 2025 en procedimientos de comunicación de la fecha de ocupación y requerimiento de la hoja de aprecio por expediente de expropiación, en el ayuntamiento de Val do Dubra (expediente IN407A 2023/322-1).
4 páginas totales
Página
Zahoribo únicamente muestra información pública que han sido publicada previamente por organismos oficiales de España.
Cualquier dato, sea personal o no, ya está disponible en internet y con acceso público antes de estar en Zahoribo. Si lo ves aquí primero es simple casualidad.
No ocultamos, cambiamos o tergiversamos la información, simplemente somos un altavoz organizado de los boletines oficiales de España.
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Martes 1 de abril de 2025

Supl. N. Pág. 3

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña Anuncio
de notificación do 19 de marzo de 2025 en procedementos de comunicación da data de
ocupación e requirimento da folla de valoración por expediente de expropiación, no
concello de Val do Dubra (expediente IN407A 2023/322-1).
Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a
publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun
procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada
esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de
ocupación e requirimento da folla de valoración, no procedemento expropiatorio sobre os
bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Instalación de
telecontrol na LMT NEG803 apoio A20UEGBF//161-37-A1, no concello de Val do Dubra
(expediente IN407A 2023/322-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se
sinalan no anexo que máis abaixo se detalla.
A copia da acta e do depósito previo atópanse ao dispor das persoas interesadas na
sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña,
situada no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2-2º, 15008 A
Coruña, na Sección de Expropiacións (con cita previa no teléfono de contacto 981 18 49
11), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As ditas persoas interesadas disporán
dun prazo de dez (10) días, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del
Estado, para solicitaren a remisión dos devanditos documentos ao enderezo que sinalen.
Dispoñen de quince (15) días de prazo para chegar a un acordo amigable coa
empresa beneficiaria, finalizado este trámite, terán vinte (20) días para presentar a súa
folla de valoración.
Transcorrido o prazo de dez (10) días indicado no parágrafo anterior sen efectuar a
comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao
vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 19 de marzo de 2025 - Isidoro Martínez Arca, Director territorial da Coruña

cve: BOE-N-2025-be5d00069361f7a0daa45c2b52eced4cec10773e
Verificable en https://www.boe.es

Núm. 78