Comunidades Y Ciudades Autónomas. Comunidad Autónoma De Galicia. Presidencia De La Xunta De Galicia. (BOE-N-2025-164824)
AGENCIA TURISMO DE GALICIA. Anuncio de notificación de 17 de febrero de 2025 en procedimientos por la que se notifica la incoación de 22 de enero de 2025, dictada en el expediente sancionador de A Coruña RITGA-E-2025-000586 (referencia AC-013/2025), por infracción leve en materia de turismo.
5 páginas totales
Página
Zahoribo únicamente muestra información pública que han sido publicada previamente por organismos oficiales de España.
Cualquier dato, sea personal o no, ya está disponible en internet y con acceso público antes de estar en Zahoribo. Si lo ves aquí primero es simple casualidad.
No ocultamos, cambiamos o tergiversamos la información, simplemente somos un altavoz organizado de los boletines oficiales de España.
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Jueves 6 de marzo de 2025

Supl. N. Pág. 4

Axencia Turismo de Galicia Anuncio de notificación do 17 de febreiro de 2025 en
procedementos pola que se notifica a incoación do 22 de xaneiro de 2025, ditada no
expediente sancionador RITGA-E-2025-000586 (referencia AC-013/2025), por infracción
leve en materia de turismo.
De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2
de outubro), notifícaselle á titular que no anexo se menciona a incoación do expediente
sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do
turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a
notificación.
Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Juan Luis Martínez Sieira e
os interesados poderán promover a súa recusación en calquera momento da tramitación
do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de
outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
A resolución deste procedemento por infracción leve correspóndelle á xefa da Área
Provincial da Coruña da Axencia de Turismo de Galicia, de acordo co establecido no
artigo 26 dos estatutos da devandita axencia, respecto do artigo 4 do Decreto 196/2012,
do 27 de setembro, polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos
(DOG núm. 193, do 9 de outubro), e respecto do artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de
outubro, do turismo de Galicia.
De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a
resolución deste procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun ano desde
a data deste acordo.
Os interesados dispoñerán dun prazo de dez (10) días, conforme o establecido no
artigo 73 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das
administracións públicas, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa
incorporación a este, cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen
convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretenda
valerse, coa advertencia de que, de non formular alegacións no prazo sinalado, este
acordo considerarase como proposta de resolución, de conformidade co previsto no
artigo 64.2.f) da dita lei.
De conformidade co establecido no artigo 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do
procedemento administrativo común das administracións públicas, infórmase a persoa
imputada de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto das
seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague
voluntariamente en calquera momento anterior á resolución) ou o 40 % (no caso de que
recoñeza a súa responsabilidade e ademais pague voluntariamente en calquera
momento anterior á resolución).
A Coruña, 17 de febreiro de 2025 - Ana Teresa Cimas Hernando, Xefa da Área
Provincial de Turismo da Coruña

cve: BOE-N-2025-90a11a7aaafe763c099548f1cc12e50141cb7d9b
Verificable en https://www.boe.es

Núm. 56